lunes, 14 de octubre de 2019

A programar con CodyRoby! CodeWeek.


Esta semana organizamos no centro unha actividade coa que participamos na CodeWeek. Con este nome coñécese á Semana europea da programación. Esta é unha iniciativa promovida pola Comisión Europea que pretende achegar a programación informática, dun modo atractivo e divertido, á poboación europea pero sobre todo aos rapaces e rapazas. Durante eses días organizaranse por todo o continente miles de encontros e actividades. Dede a Comisión Europea foméntase que sexan actividades nas que se fomenta a aprendizaxe da programación, o pensamento computacional e o uso creativo e crítico das novas tecnoloxías dixitais. 

A xestión da citada semana realízana un grupo de embaixadores de cada país que, de forma altruista e voluntaria, coordinan a xestión dos encontros que se celebran en cada rexión e está aberta a que nos centros se organicen actividades e as rexistren no seu mapa ou axenda da semana da programación.

Ao ser o primeiro ano decidimos participar cunha actividade do tipo que denominan "Desenchufadas" é dicir, actividades para programar sen ordenador co xogo  Code&Roby. Xogo de tipo DIY ("Faino ti mesmo") que a través dun taboleiro e unhas fichas imprimibles o alumando aprende de forma fácil a xogar con robots e  os códigos máis sinxelos da programación. 

Hoxe foi a primeira toma de contacto cun grupo pequeno de alumnos e alumnas que serán os encargados/as de formar ao resto ao longo da semana. A súa acollida foi moi boa, despois de visualizar como se xoga, pronto solicitaron o material para confeccionar o xogo e lanzarse a xogar. Iso si, as primeiras veces non ter claro cara onde debe xirar o robot dende a perspectiva do mesmo non foi sinxelo e ocasionoulles máis dun disgusto ao facerlles perder. 

Agardamos que mañá se animen a ensinar ao resto dos compañeiros/as e decidan xogar incluso nos tempo de ocio.