Mellora da aprendizaxe coa realidade aumentada
Rutas xeolocalizadas, audioguías e códigos QR no IES Maruxa Mallo (Ordes)
Ruta xeolocalizada. Fonte: EDUGA. |
Ao longo de dous cursos realizamos no IES Maruxa Mallo de Ordes un proxecto intercentros con dous centros de Toro (Zamora) e La Puebla de Cazalla (Sevilla). Dito proxecto estaba enmarcado nos PROMECE (Proyectos de Innovación y Mejora del Aprendizaje del MEC).
Consistiu nun proxecto de carácter interdisciplinar no que o alumnado confeccionou, a través da realidade aumentada, diversas rutas xeolocalizadas e unha audioguía para dar a coñecer os aspectos máis significativos de súa localidade. O resultado final foron:
Audioguía do Museo. Fonte EDUGA |
24 rutas xeolocalizadas na app GeoAumentaty,
1 audioguía do Museo do Traxe Juanjo Linares na app izi.Travel e
varias rutas a través de códigos QR.
Ruta con QR |
As apps empregadas son moi sinxelas e anímovos a que vos animedes a incorporalas a algunhas dos vosos proxectos.
Ao finalizar o proxecto dende os responsables de EDUGA (Revista Galega de Ensino) solicitáronnos que reflectiramos por escrito a experiencia e así o fixemos. Podedes coñecer máis polo miúdo os pasos, obxectivos, e resultados obtidos no seguinte enlace do número 73 da devandita revista no apartado de "Experiencias":
Enlace ao artigo:
http://www.edu.xunta.gal/eduga/1317/experiencias/mellora-da-aprendizaxe-traves-da-realidade-aumentadaTiven a sorte de poder coordinalo e foi unha experiencia moi enriquecedora.
Agardo que vos aporte algunha idea.